Calendario
Info da proba

Barbanza

12/05/2024 9:45 - 13:00
Regulamento XI TRAIL SERRA DO BARBANZA
XI CARREIRA DE MONTAÑA CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

RANKING G3
O Concello da Pobra do Caramiñal, a Asociación de Deportes e Atletismo do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo organizarán no domingo 12 de maio de 2024 o XI Trail Serra do Barbanza, XI Carreira de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal, que será, pola súa vez, proba oficial nas distintas categorías do Ranking Galego coa máxima puntuación: G3.

A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A proba rexerase polo seguinte:

REGULAMENTO
Artigo 1. HORARIOS, LUGAR DE SAÍDA e META
O Trail Serra do Barbanza terá os seguintes horarios e lugares de saída:
HORA PROBA DISTANCIA SAÍDA META
09:45 h TRAIL LONGO 27 km aprox. Miradoiro da Curotiña - Miradoiro da Curotiña
10:15 h TRAIL MEDIO 17 km aprox. Miradoiro da Curotiña - Miradoiro da Curotiña
10:30 h TRAIL CURTO 8 km aprox. Miradoiro da Curotiña - Miradoiro da Curotiña

Situación do lugar de SAÍDA da proba: https://goo.gl/maps/pRa57qi4eJ12 .

Os/as participantes nas modalidades do TRAIL teranse que presentar no lugar da saída coa suficiente antelación para recolle-los dorsais de competición e pasarán á correspondente CÁMARA DE CHAMADAS e control de material.

Artigo 2. CATEGORÍAS e IDADE MÍNIMA DE PARTICIPACIÓN
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS MODALIDADES DO TRAIL CURTO, MEDIO E TRAIL LONGO

CATEGORÍA DATAS DE NACEMENTO
SÉNIOR Nadas/os entre os anos 2006 e 1990
MÁSTER 1 Nadas/os entre 1979 e 1989
MÁSTER 2 Nadas/os entre 1974 e 1978
MÁSTER 3 Nadas/os en 1973 e anteriores
ABSOLUTA Calquera das categorías anteriores
SUB 16 Nadas/os en 2009 e 2010 (Só proba de 8km)
SUB 18 Nadas/os en 2007 e 2008 (Só proba de 8km)

Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquera deportista sexa ou non federado/a. Tódolos/as participantes inscritos/as no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de
responsabilidade civil. As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os/as deportistas federados/as polo deporte do atletismo estarán cubertos/as polo seguro da súa correspondente licenza. Para o resto de participantes subscribirase un seguro de licenza de día de trail running.

RANKING GALEGO – GALICIA TRAIL RUNNING SERIES
A proba, calificada coa máxima puntuación, G3, puntuará do xeito seguinte nas diferentes distancias para os deportistas con licenza en vigor:
• Trail Longo – Sub 23, Absoluto e Máster
• Trail Medio – Sub 20
• Trail Curto – Sub 18 e Sub 16

Artigo 4. DISTANCIA E DESNIVEL
PROBA DISTANCIA DESNIVEL POSITIVO TEMPO MÁXIMO:
TRAIL LONGO 27 KM 1300 m aprox. 4 h 30’
TRAIL MEDIO 17 KM 900 m aprox. 3 h
TRAIL CURTO 8 KM 300 m aprox. 1 h 45’

Artigo 5. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
INSCRICIÓNS: faranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com (información en http://galiciatrail.com/).
- APERTURA DE INSCRICIÓNS: 5 de abril ás 10.00 h
- PECHE DE INSCRICIÓNS: 8 de maio ás 23.59 h
- PREZOS DA INSCRICIÓN:
PROBA TRAMO 1 (ATA O 26 DE ABRIL)
TRAMO 2 (DO 27 DE ABRIL Ó 8 DE MAIO)
Trail Longo 15 18
Trail Medio 10 12
Trail Curto 7 9

Artigo 6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais recolleranse no lugar da saída a partir das 8:30 horas do 12 de maio ata un máximo de 30 minutos antes da saída de cada unha das probas.

Artigo 7. PREMIOS e AGASALLOS
Estabeleceranse ademais os seguintes premios e agasallos para os Trail Longo, Trail Medio e Trail Curto:
▪ Premios ós/ás 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida neste regulamento
▪ Premios ós/ás 3 primeiros clubs da clasificación do Trail Longo, segundo regulamento FGA en vigor.
▪ AGASALLO TÉCNICO para tódolos/as participantes (poderano recoller xunto co dorsal de competición antes da saída das probas.)
- - -
A entrega de premios realizarase a partir das 13:45 horas na zona próxima a saída e meta das probas (mirador da Curtiña)

• PREMIOS ESPECIAIS A CLUBS NA DISTANCIA DE TRAIL: Outorgarase trofeo ós 3 primeiros equipos tanto federados coma populares (deberanse inscribir coa mesma denominación e igual indumentaria da clasificación do Trail).
Establecerase unha clasificación de clubs contando un mínimo de 3 e un máximo de 5 deportistas por equipo, puntuando os 3 primeiros/as en entrar en meta. A clasificación de clubs atenderá á menor puntuación tendo en conta a suma do posto acadado.

A ENTREGA DE PREMIOS REALIZARASE NO LUGAR DE SAÍDA / META DAS PROBAS A PARTIR DAS 12:45 HORAS APROX.
NO CASO DE CHOIVA TRASLADARASE AO POLIDEPORTIVO DA TOMADA
(Ubicación -> https://goo.gl/maps/whYEbue58u92 )

Artigo 8. TRACK DAS RUTAS:
Perfís provisionais:
TRAIL LONGO
TRAIL MEDIO
TRAIL CURTO

Artigo 9. TEMPOS DE CORTE INTERMEDIOS
Estabelecerase só na proba longa un punto de corte intermedio, no km 17,5 aprox. cun tempo máximo de 3 horas desde o disparo de saída.

Artigo 10. SERVIZO DE DUCHAS e LOCALIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS
Polideportivo da Tomada: a ligazón coa situación é https://goo.gl/maps/whYEbue58u92

Artigo 11. AVITUALLAMENTOS
A organización contará con 2 abastecementos intermedios no Trail Longo e 1 abastecemento intermedio no Trail Medio. Tódalas probas contarán con abastecemento en meta.

A asistencia externa non estará permitida así como a saída de calquera dos mesmos con ningún tipo de residuo, orgánico ou inorgánico.

Artigo 12. MATERIAL OBRIGATORIO
A lista de material obrigatorio que se poderá controlar total ou parcialmente na saída, no percorrido e na meta é o seguinte:
- Dorsal visible, na parte dianteira
- Manta térmica
- Chifre
- Teléfono móbil operativo (Trail longo e Trail medio)
- Sistema de hidratación con capacidade mínima de 500 ml nos Trails Longo e Medio e 200 ml no Trail Curto.
- Curtaventos en caso de meteoroloxía adversa.

A listaxe de material obrigatorio confirmarase a semana previa á carreira publicándose así como os track definitivos nas webs www.carreirasgalegas.com e http://galiciatrail.com/

Artigo 13. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ó calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As reclamacións ós resultados oficiais realizaránselle ó xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da súa publicación.

Todo o non recollido neste regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e World Athletics para probas do Trail Running.